O Centro de Saúde Natural Ánxela Abelenda acolleu unha charla para coñecer á nova colaboradora Hester Aira.
O sábado 2 de novembro empezamos os ciclos de charlas gratuitas do noso centro para dar a coñecer as novas colaboracións con outros profesionais que íamos ter.
Ensinanzas espirituais
A primeira persoa en presentar o seu traballo foi Hester Aira. Hester traballa como sanadora, conselleira espiritual e facilitadora de diversas enseñanzas espirituais polo que tivemos o pracer de escoitala e aprender moito máis deste mundo fascinante. Como a propia Hester nos contaba, ela antes adicábase á traducción e a traballar como artista pero deixou todo iso atrás para enfocarse por completo ao seu propósito: a sanación e a expansión da conciencia.
Comezamos o encontro falando sobre a importancia de estar no “aquí e agora”, importancia de vivir o momento presente. Vivir ancorado no pasado, intentar cambiar cousas que xa pasaron supoñen un gasto de enerxía inútil e que nos pode levar á tristeza ou depresión e, pola contra, vivir proxectados continuamente nun futuro que aínda non existe (só é unha potencialidade do presente) lévanos a tomar a vida desde a impaciencia e irritación constante.
Tamén Hester, sabiamente, nos comentaba que no noso espazo vital só pode estar a enerxía nosa, enerxía do aquí e agora. Non cabe a enerxía da nosa parella, dos nosos pais ou enerxías mesmo doutras existencias; coa que temos que convivir as que somos nais biolóxicas é coa enerxía dos nosos fillos até aproximadamente os 12-13 anos xa que ata esa idade compartimos aura.
Conforme ía avanzado a charla vimos a importancia de ser seres íntegros, é dicir, que ofrezamos o mellor de nós mesmos en cada momento. Iso conéctanos e colócanos neste mundo como seres completos e sendo responsables en todo momento dos nosos actos.
O avance como meta
Unha tercera premisa moi importante para avanzar no autocoñecemento e converternos en seres responsables da nosa propia vida é sempre avanzar, camiñar mirando cara adiante para poñer o foco en temas pendentes de resolver e non desperdiciar enerxía en cousas pasadas. Unha analoxía que a propia Hester usou foi: “se fósemos un coche, seríamos un modelo sen retrovisores nin marcha atrás, porque por ese camiño da vida desde o máis tanxible ata o máis invisible ou espiritual, temos que ir sempre cara adiante. É como se o propio camiño andado se fose desdebuxando ás nosas costas”.
Podemos concretar dicindo que a espiritualidade cara a que camiñamos para ser seres empoderados e responsables da nosa vida ten 3 premisas importantes:
- Vivir no aquí e agora
- Converternos en seres íntegros (dar o mellor de nós mesmos en cada momento)
- Enfocarnos en avanzar
Xa para dar clausura á reunión fixemos unha ofrenda e cada un de nós colocou un stick de incienso en forma de agradecemento, un ritual sinxelo e cheo de poder que nos conecta con esa parte de sentirse agradecidos pola vida e sentirnos sostidos polo universo.
Máis información sobre Hester Aira
Podedes encontrar información de Hester en:
– Web: www.altasanacion.net
– Instagram: @altasanacion
– Facebook: High Healing