Flores de Bach

Que son as Flores de Bach?

Son unha serie de esencias naturais utilizadas para tratar diversas situacións emocionais como: medos, soidade, desesperación, estrés, depresión e obsesións.

Cal é a orixe das flores de Bach?

Este sistema floral foi descuberto polo doctor Edward Bach entre os anos 1926 e 1934.

O dr. Bach era un gran investigador ademáis de médico e homeópata. Experimentou con diversas flores silvestres nativas da rexión de Gales en Gran Bretaña, ata encontrar 38 remedios naturais cada un con propiedades curativas para distintos problemas emocionais. Estas 38 flores son chamadas e coñecidas como Flores de Bach.

A teoría do dr. Bach era que as enfermidades física teñen unha orixe emocional, e se os conflitos emocionais subsisten por moito tempo, a enfermidade comeza a instaurarse no corpo físico. Foi desta forma que desenvolviu a terapia das emocións.

Despois de 70 anos as Flores de Bach foron probadas como un magnífico sistema para tratar os problemas físicos, mentais e emocionais dos seres vivos.