Muller e Crianza

Traballar a feminidade

As razóns polas que aínda non acadamos unha transformación profunda como sociedade poden ser moitas e moi variadas mais pode que todas teñen un denominador común: o descoñecemento de nós mesmas. É preciso poñer en valor as cualidades do mundo feminino que atesouran toda a sabiduría das xeracións pasadas e que nos preparan para afrontar a vida cunha enerxía especial e única.

Cada vez existen máis círculos de mulleres, grupos e reunións, sesións de empoderamento feminino e estase a traballar moito na divulgación e comprensión para darlle o lugar que lle corresponde á muller dentro dunha sociedade que a tivo moi oprimida durante miles de anos.

A través do respeto, comprensión e capacidade de coñecernos a nós mesmas será posible atopar o camiño que nos permita gozar dunha vida interior e social en consonancia.

Familia e crianza

E chega o momento no que nós eliximos ser nais, e agora qué?

Ante este momento moitas poden ser as expectativas, medos e dúbidas que surxen de forma automática. Sei, por experiencia propia de nai de dous pequenos , que é un dos momentos chave na vida dunha muller e donde máis se pode facer patente a vulnerabilidade da que todos escapamos. Precisamos tecer unha rede de apoios que lle ofrezan a esa nova familia que acaba de nacer sentirse seguros e estar presentes para afrontar a nova etapa chea de retos que acaban de comezar.

En moitas ocasións, a inseguridade aparece cando non temos referentes aos que seguir ou cando sentimos que temos que cambiar a forma de tratar aos nosos pequenos, que non queremos repetir patróns de conducta que son perxudiciais para conseguir unha crianza consciente e respetada.

Ler, informarse ou preguntar a persoas que xa teñan experiencia, en moitas ocasións, pode non ser suficiente para realmente sentir que estamos a facer o que a nosa vontade nos dicta.

Cremos firmemente nunha crianza na que se respecten as necesidades da infancia, poder velos e observar que son eles os nosos mestres e integrar todos os retos aos que nos expoñen cada día. Precisamos saír desta visión adultocéntrica do mundo na que estamos inmersos e guiar á infancia desde a comprensión e o respecto que todo ser humano, neno ou adulto, merece.

O natural e o que a natureza dispón deberían ser sempre o sendeiro a percorrer buscando a satisfación dos membros do núclo familiar para ter unha vida consciente e plena: o aleitamento materno co todos os beneficios que este supón, ter a posibilidade de durmir acompañado na infancia, dar a cada pequeno a autonomía que precise para poder sentirse útil e que pertence a unha comunidade, e conseguir ten un desenvolvemento emocional sano e baseado no respecto.

Sabemos que debido ás nosas propias experiencias vitais isto pode resultar todo un reto mais si é certo que todo o que nos propoñamos podémolo conseguir con vontade, información e acompañamento. Para iso contaremos con profesionais cualificados que nos axuden a transitar as etapas menos amables da nosa vida e permitirnos, deste xeito, seguir medrando como persoas e acadar ese ansiado equilibrio vital.