Radiestesia

Que é a Radiestesia?

A radiestesia é a cualidade do ser humano para percibir enerxía mediante o uso de sinxelas ferramentas, sendo a máis frecuente, o péndulo. Esta técnica permite identificar, segmentar, diferenciar e cuantificar as distintas vibracións que nos rodean e que estan a interferir no noso equilibrio persoal.

Qué é o péndulo universal?

O péndulo universal foi descuberto despois de 20 anos de investigación polos enxeñeiros francés e belga Belizal e Chamoury.

É unha ferramenta altamente sensible á enerxía do corpo ou de calquera espazo no que se desexe traballar. Este péndulo contén cores visibles ao espectro solar e tamén invisibles. Ten unha alta sensibilidade, posúe toda a capacidade de traballar a niveis moi profundos aos que outras ferramentas non chegan e capta as máis baixas radiacións.

Tamén desbloquea e sana con cores a través da súas frecuencias aplicadas en todos os aspectos anteriormente mencionados.

En canto á súa estrutura física é unha esfera feita de madeira ou aluminio que contén no seu interior un foco radiestésico de 4 semiesferas de forma piramidal. Eses focos son os que crean as ondas enerxéticas tanto magnéticas como eléctricas. O péndulo xera automaticamente a radiación solicitada polo terapeuta. Neste péndulo que é a xoia da radiestesia conxúganse a xeometría sagrada e a medicina chinesa.

Qué traballa o péndulo universal?

O péndulo universal actúa sobre:

  • O equilibrio dos vórtices enerxéticos ou chacras
  • Memorias plasmadas en nós desde o ventre materno
  • Situacións ancestrais da familia
  • Meridianos enerxéticos
  • Situacións do pasado
  • Órganos

Cando esta ferramenta se aplica en terapia é capaz de corrixir frecuencias na totalidade do noso corpo enerxético, é dicir, disolve os bloqueos enerxéticos tanto a nivel físico (elimina dores, bacterias, traumatismos etc); a nivel emocional (aliviando estrés, traumas non resoltos, condicionamentos e pensamentos limitantes, estados alterados etc) e a nivel astral (equilibrando a enerxía ancestral) 

Que se logra coa terapia do péndulo universal?

Grazas a el podemos liberar calquera punto enerxético que presente un bloqueo dado que ten a capacidade de traballar a niveis moi profundos onde outras ferramentas terapéuticas non chegan.

Quen se beneficia da radiestesia?

A radiestesia pode ser usada en persoas, animais, prantas e espazos. Con ela podemos manexar desequilibrios emocionais, físicos, enerxéticos de todo tipo, así como traballar situacións a distancia.