Terapias Naturais

As terapias que buscan a estimulación do poder de sanación natural do organismo.

Na terapia holística considérase ao ser humano como unha unidade de corpo, mente e espíritu a diferenza da medicina tradicional que se ocupa unicamente da parte física. A palabra “holística” provén do grego holos que significa todo. Isto indícanos que as terapias holísticas inclúen a todas as terapias complementarias nas que se logra un efecto terapéutico provocando unha reacción no organismo para sanar de forma natural.

Estas terapias teñen en consideración non só o que lle sucede a un órgano ou zona concreta do corpo senon tamén o que ocorre en todo o organismo, a forma de manifestarse a enfermidade ou as influencias do medio ambiente. Desta forma o terapeuta traballa para descubrir e dar solución aos problemas e conflictos do paciente para guialo a un estado de harmonía, equilibrio e saúde.

Nas terapias naturais dáselle importancia ás causas que provocan a enfermidade e non aos síntomas directamente para poder buscar a causa primixenia do desequilibrio, xa que en moitas ocasións os transtornos ocasionados a nivel físico débense a factores emocionais ou mentais.

Cales son as diferenzas fundamentais coa medicina convencional?

  • Básanse en atopar a causa da patoloxía e non actúan só sobre os síntomas da enfermidade, como ocorre na medicina convencional.
  • Non aparecen os efectos secundarios nin as reaccións adversas que presentan a maioría dos medicamentos.
  • A relación entre terapeuta e paciente é estreita e o paciente forma parte activa no seu proceso de curación. En cambio, na medicina alopática o paciente desempeña un papel pasivo e de mero espectador.
  • A maioría delas non presentan interacción coa medicación ou tratamentos prescritos por un médico (en caso de dúvida consultar co seu médico)
  • A terapia holística utilízase, principalmente, como terapia complementaria e nunca sustitúe a ningún tratamento médico.

Destinatarios das terapias naturais

Persoas que busquen outra forma de relacionarse consigo mesmos e coa súa saúde. As terapias naturais están indicadas para tratar pacientes de todas as idades, xa que os tratamentos adáptanse tendo en conta quen recibe a terapia de forma individual.

O noso obxectivo é alcanzar e manter o máximo nivel de saúde para que repercuta nunha vida plena e, para alcanzar a plenitude e satisfación en cada un dos nosos pacientes, empregando métodos naturais e non invasivos para que o corpo se recupere sen ser agredido.

Dentro das terapias naturais ofrecemos a aromaterapia, as flores de Bach, reiki, radiestesia, nutrición holística e fitoterapia. Cada unha destas terapias ten as súas características e procedementos específicos e son usadas para resolver diferentes problemas de saúde.

As nosas terapias