Reiki

Que é o Reiki?

É un sistema natural, enerxético e sutil a través do cal se canaliza enerxía universal para a recuperación da mente, o corpo e as emocións.

Reiki é unha palabra xaponesa que significa “enerxía vital” e popularizouse para denominar de forma curta ao Sistema Usui de Curación Natural, sistema creado polo monxe Mikao Usui.

Preceptos do Reiki

O Reiki busca que todos levemos unha vida máis plena e feliz. Por iso antes de cada sesión lembraranse os preceptos básicos:

  1. non te enfades
  2. non te preocupes
  3. dá as grazas
  4. aplícate e sé honesto no traballo
  5. sé amable cos demais.

Obxectivos do Reiki

O reiki non é en sí unha cura, senon que complementa a enerxía que estaba en deficiencia ou exceso, re-equilibra permitindo así a recuperación natural do noso organismo xa que a enfermidade causa desequilibrios e é o efecto de estos.

Cómo funciona o Reiki?

Co reiki inténtase harmonizar de novo aqueles desequilibrios enerxéticos internos que poidan existir no corpo; relaxa, tranquiliza e equilibra. Ten a vantaxe de que se pode aplicar a un mesmo ou a outras persoas.

Quen pode beneficiarse do Reiki?

Os beneficiarios do reiki son tanto persoas sanas como enfermas e permite repoñer as enerxías que gastamos diariamente.

Durante unha sesión de reiki:

  • Desbloquéanse os chacras e os meridianos polos que transita a enerxía
  • Mellórase o sistema inmune
  • Incrementa ou potencia a enerxía vital
  • Permite sentirte máis positivo
  • Recupérase o balance e comeza o restablecemento natural da saúde
  • Melloran os transtornos físicos e psicolóxicos (ansiedade, estrés, insomnio, bloqueos emocionais…)
  • Aceléranse os tempos de recuperación e mellora de lesións
  • Libéranse emocións (é posible que surxan desexos de chorar ou rir durante a sesión)
  • Poténciase o crecemento personal a través de estimular cualidades como a creatividade ou a autoestima.

Actualmente algúns hospitais de España permiten usar reiki como terapia e médicos e enfermeiras participaron en distintos cursos, charlas e seminarios.