Botamos a camiñar doutro xeito, sempre ao voso lado!
Declaración de intencións
Ánxela Abelenda é un proxecto que naceu coa firme vontade de poder levar luz a aquelas persoas que estaban atravesando por momentos delicados. Naceu para traer proxectos e traballar con mulleres que precisasen coñecerse máis a si mesmas, sacudir anos de prexuízos e cargas de enriba dos seus ombreiros. Naceu tamén para realizar talleres, cursos e proxectos que fagan indagar dentro de nós, que exploremos máis alá do establecido e que antes de querer saber tanto do mundo exterior, poidamos ter unhas coordenadas aproximadas do noso mapa interno.
E todo isto ten con base no uso das terapias naturais, o respeto ao planeta, o autocoñecemento a través de técnicas de sanación cunha bagaxe de uso que as fan apropiadas para descubrir o ser humano como un ser holístico.
O bo que a pandemia trouxo consigo
Todos somos conscientes de cómo desde marzo de 2020 todo cambiou. Dalgún xeito, dentro de nós, sabemos que a normalidade que coñecíamos antes xa non volverá. Moitos encontrámonos perdidos, non sabemos qué facer, non recoñecemos a nosa contorna… Pasamos por experiencias máis ou menos traumáticas que nos fixeron reflexionar sobre aspectos aos que, de non haber unha pandemia por diante, nunca lle teríamos adiacado o tempo que merecían.
Despois de ter pasado un proceso de transformación personal- que aínda continúa por suposto -chegou o momento de abrir ainda un chisco máis aos demais as entrañas do noso centro e das actividades que nel se levan a cabo. Nace así a nosa web www.anxelaabelenda.com, para poder transmitir coñecementos, compartir información e crear o soporte preciso para tecer redes e chegar a quen máis o precisa. A pandemia foi o impulso final para crear un espazo no que poder comunicarnos dun xeito alternativo ao presencial.
Nesta páxina web atoparedes toda a información que precisades sobre o centro, informarásevos dos novos eventos, cursos, colaboracións, etc., saberedes as novidades do noso punto de venda de difusores e aceites esenciais, e por suposto iremos achegándovos para coñecer un pouco máis de preto aos profesionais que colaboran con nós (psicólogas, asesora de lactancia e crianza, doulas e acompañantes do sagrado feminino, etc.)
Espero que se vexa reflectido o espírito colaborativo que se agocha baixo este proxecto. Desexo de corazón que este sexa un lugar que vos inspire e que vos aporte información valiosa, no que poidades despexar dúbidas e sentivos acompañadas e sostidas.
Abrazo de corazón a corazón. Agardo as vosas opinións!