Nutrición Natural e Hixienista

Que é a Nutrición Natural e Hixienista?

A ciencia hixienista ou natural existe desde a antigüidade xa que forma parte das leis biolóxicas inherentes á propia vida, tanto no macrocosmos como no organismo de todo ser vivo.

A propia palabra hixiene provén dunha palabra grega que significa saúde e relaciónase coa prevención da enfermidade e o mantemento do estado natural de saúde.

As orixes do movemento hixienista

O médico grego Hipócrates, considerado o pai da medicina, tiña unha máxima que dicía que había que dar ao organismo a posibilidade de defenderse porque a natureza, a hixiene biolóxica do ser humano, contiña en si todo o poder de autorregulación e autocuración.

Xa no século XIX os primeiros pioneiros no movemento de saúde chamárono “movemento hixienista” e o seu obxectivo era distinguir a xestión da enfermidade do enfoque de médicos e farmacéuticos daqueles métodos enfocados nunhas prácticas baseadas nunha vida saudable e achegada aos recursos que a natureza nos ofrece.

O camiño cara a autosanación

Non debemos esquecer a sociedade na que vivimos, onde predomina o estrés, a comida rápida e de pésima calidade, o pouco contacto coa natureza, etc. Estos factores non axudan a manter uns hábitos beneficiosos para o noso organismo. Pero podemos buscar o equilibrio, fomentando hábitos saudables que nos axuden a gozar do día a día.

A medicina actual está moi desconectada da natureza humana. Non cabe dúbida que avanzamos en tecnoloxía e que resulta moi valiosa para probas específicas, así como tamén a utilidade que teñen os servizos médicos ante accidentes, traumatismos, transplantes de órganos, delicadas cirurxías ou en infeccións severas, máis con todo dista de ser unha ciencia conectada coa nosa natureza e en conexión coas necesidades biolóxicas e fisiolóxicas do ser humano. O ideal sería camiñar cara un entendemento de beneficiar ao ser humano con métodos e técnicas non invasivos para que o propio corpo puxese a funcionar os seus mecanismos de autosanación e levar un estilo de vida consciente, cunha boa alimentación, exercicio físico e tendo espazo no día a día para rutinas que nos conecten coa calma e o silencio. Desta forma atoparemos esa guía interna que nos fará saber que precisamos en cada momento.