Quen Somos

Ánxela Abelenda

A vida quixo levarme a profundizar na xestión holística da saúde a través dunha experiencia persoal, máis de 10 anos atrás. Con este proxecto innovador pretendo achegar á sociedade actual unha nova forma de comprender a vida, de repensar a forma tradicional de atender ás doenzas para prestar atención a todos os niveis: físico, mental, emocional e espiritual. 

Comprendernos coma un conxunto e reconectar coa natureza, da que nos atopamos tan desconectados. A consciencia é fundamental para mellorar unha situación que nos alonxa do benestar, e para iso ofrecemos asesoramento en Anxela Abelenda Saúde Natural.

Colaboradoras

Merche Calo

“Estou ao lado das familias nunha crianza consciente desde o embarazo ata os primeiros anos de vida”

O nacemento da miña segunda filla marcou o inicio dun cambio profesional na miña vida. A lactación materna, a crianza con apego e a educación consciente sentaron as bases para enfocarme nunha nova maneira de criar, desde o amor e o respecto e, tamén puxeron a pedra angular para poder ofrecer un acompañamento a familias e abrigo a mulleres. A partir de aí, busquei formacións que me achegasen coñecementos, actualizacións e un pouco de sabedoría tradicional para retomar a crianza empoderada e natural que nunca debemos perder.

Sitio webInstagram

Érica Falcón

 “Acompáñote ao espertar do teu alquimista interior”

Son unha apaixonada do universo feminino. Estou especializada en acompañamento do espertar do sacro feminino, realizando este labor de forma exclusiva desde 2010.

Formada en Terapia menstrual, respiración  ovárica, sexualidade sacra, doula, taoísmo, ovo  Yoni, arquetipos femininos, sacerdocio feminino e diversas ferramentas de terapia holística como Ayurveda, Reiki, DMC, técnica metamórfica… 

En Galicia desenvolvo este labor de forma presencial, ofrecendo diferentes espazos de alquimia interior, tanto de forma individualizada como en grupos con formato de círculo de mulleres, formacións e retiros na natureza. No ano 2017 creei “Feminino Integral” unha comunidade online de crecemento, transformación e sanación a través do feminino, onde ofrezo sesións personalizadas e cursos online.

Sitio webInstagram

Sandra Psique e Gaia

“Camiñemos cara ao benestar empregando os mellores recursos no menor tempo posible”

Son psicóloga con habilitación sanitaria, terapeuta familiar, coach de familia e intelixencia emocional, experta en trauma, ansiedades, fobias, medos, adiccións, practicioner  PNL, eneagrama e constelacións familiares.

Tras anos de experiencia no mundo profesional e coa bagaxe de 9 anos de experiencia no campo da crianza, englobo teoría e práctica para chegar ás familias dunha forma máis próxima e baseado na propia experiencia.

Sitio web