No remate do verán do 2019, mudámonos a un novo local en Carballo e o celebramos cunha festa de inauguración.
Moito que celebrar
A quen non lle gusta celebrar? Aproveitamos que mudamos de local para facer unha pequena inauguración coas persoas máis achegadas e así deixar unha pegada de alegría e entusiasmo no novo centro.
A aventura de emprender comezou en febreiro do 2017 e, por aquel entón mamá de Martiño, un pequeno de 1 ano e medio, e embarazada xa da nena, chegou ata agosto do 2019 traballando polas mañás e compatibilizando coa crianza.
Cando Martiño comezou o colexio barallei a posibilidade de ir para unha nova ubicación e contar con un espazo maior, xa que todos os proxectos que tiña en mente requerían de máis espazo físico. E, como non creo nas casualidades mais si nas causalidades, un día dando un paseo puiden ler nun céntrico e soleado edificio que se alugaba una oficina. Chamei, fun visitala e era xusto o que precisaba, así que decidín cambiar para que o proxecto Ánxela Abelenda – Saúde Natural medrara e poder desenvolver todas as ideas en forma de cursos, talleres e consultas presenciais que estaba desexando ofrecer.
Unha invitación a coñecernos
Para celebrar a nosa nova ubicación en Carballo, contactei con Mari, de Mmmm xeados, unha empresa carballesa especializada en doces, xeados artesáns, incluso lambetadas para veganos. Que marabilla! crearon unha mesa doce, outra con varias opcións de salgados, auga aromatizada, zumes naturais etc, unha experiencia para repetir! E todo isto, xunto cos detalles florais e o bonito que quedou o novo espazo deu lugar a unha re-inauguración entre amigos e familiares que, de seguro, deixou impregnado no espazo unha aura de enerxía positiva que aínda perdura.
- Dá gusto celebrar coas amizades os novos proxectos!
- Un espazo acollerdor e tranquilo para a nova consulta de Ánxela Abelenda – Saúde Natural
- Uns petiscos a cargo de Mmmmm Xeados
- Algo de salgado, tamén de Mmmmm Xeados
- Uns petiscos a cargo de Mmmmm Xeados
- Dá gusto celebrar coas amizades os novos proxectos!
- Uns petiscos a cargo de Mmmmm Xeados
- Algo de salgado, tamén de Mmmmm Xeados
- Zumes e augas aromatizadas, unha delicia de mmmm Xeados
- Uns petiscos a cargo de Mmmmm Xeados
- Zumes e augas aromatizadas, unha delicia de mmmm Xeados
- Outro rincón da nova consulta
- Uns petiscos a cargo de Mmmmm Xeados
- Uns petiscos a cargo de Mmmmm Xeados
- As flores aportan luz e enerxía aos espazos interiores
- Uns petiscos a cargo de Mmmmm Xeados
- Dá gusto celebrar coas amizades os novos proxectos!
Convídovos a que veñades visitalo e ver como traballamos, o que ofrecemos e, de precisar información sobre calquera dos productos, cursos ou talleres que temos dispoñibles, estaremos encantados de recibirvos e que o novo centro se vaia nutrindo de xente extraordinaria que queira vir compartir, sanar, autocoñecerse e crear tribo.
Abrázovos forte!