Aromaterapia

Que é a aromaterapia?

Trátase dunha disciplina terapéutica que aprobeita as propiedades dos aceites esenciais extraídos das prantas aromáticas para restablecer o equilibrio e harmonía do corpo e a mente, sempre en beneficio da nosa saúde. 

A diferenza doutras terapias, o potencial curativo da aromaterapia procede da súa capacidade para promover a relaxación e xerar unha sensación de alegría ou tranquilidade no receptor.

A palabra “aroma” significa olor doce e “terapia” tratamento deseñado para curar.

Un aroma pode desencadear toda unha sucesión de lembranzas case esquecidas (a zona cerebral asociada aos olores é a mesma que a da memoria) porque cando se ule algo evocamos á memoria emocional e relacionámolo con estados de ánimo e puntos clave a tratar.

A aromaterapia é a linguaxe da alma. 

Aquilo que o noso cerebro percibe a a través do olfato sitúao na área das percepcións espirituais, harmonizando o noso corpo enerxético e accedendo deste modo á regulación da área física que precise ser reconstituída.

A aromaterapia consegue chegar á raíz emocional de bloqueos espertando as nosas propias enerxías de curación. Axuda tamén a eliminar os efectos desagradables ou tóxicos dos tratamentos alopáticos necesarios e harmonízanos e fortalécenos para dispoñer da enerxía necesaria para a curación.

As investigacións levan demostrado que as persoas responden aos olores a un nivel emocional superior ao dos outros sentidos.

Que son os aceites esenciais?

Son líquidos volátiles extraídos de prantas e árbores a través do método de extracción principal que é a destilación por corrente de vapor. Estes aceites esenciais proceden de diferentes partes da pranta: corteza, follas, resina, flores, raíces, planta enteira ou das sementes nalgún caso.

A importancia do quimiotipo

Hoxe en día existe un concepto fundamental en aromaterapia: o quimiotipo. O quimiotipo ou categoría química dun aceite esencial designa a molécula con maior presenza nese aceite esencial; grazas a esta clasificación coñécese con exactitude as propiedades dos aceites.

Cales son as propiedades terapéuticas dos aceites esenciais?

A complexidade dos aceites esenciais confírelles a particularidade única de poder actuar de forma global tanto sobre o corpo como sobre a mente:

  • Son uns marabillosos aliados posto que axudan ao corpo de distintas formas segundo o que se necesite: regulan, estimulan ou equilibran.
  • Algúns teñen unha particular afinidade con un determinado órgano: por exemplo a esencia de limón é unha grande aliada do fígado, o eucalipto das vías respiratorias etc.
  • Combaten bacterias, microbios ou virus, respetando e rexenerando a flora intestinal.
  • Todos os aceites esenciais son, en maior ou menor medida, antisépticos, antibacterianos e antimicrobianos; moitos son potentes antivirais e estimulan o sistema inmunitario.
  • Encontramos outras propiedades interesantes tales como: antiinflamatorias, analxésicas, calmantes, expectorantes, tonificantes, dixestivas, e numerosas propiedades con accións dermatolóxicas.
  • A fragancia dalgúns aceites esenciais favorece o estado de ánimo: reequilibran emocionalmente, axudan a combatir a ansiedade e o estrés etc.

Usos e aplicacións dos aceites esenciais: en masaxe, en baños, para os coidados de beleza, a inhalación directa e a difusión atmosférica.