Fitoterapia

Que é a Fitoterapia?

A fitoterapia defínese como a utilización dos produtos de origen vexetal con finalidade terapéutica, para previr, aliviar ou curar un estado patolóxico, ou co obxectivo de manter a saúde.

O termo para esta disciplina foi acuñado polo médico francés Henri Leclerc a principios do século XX, un neoloxismo formado por dos vocablos gregos: phyton (pranta) e therapeia (tratamento); polo tanto etimoloxicamente, fitoterapia refírese ao tratamento das enfermidades coas prantas.

Cómo funciona a fitoterapia?

Na fitoterapia empréganse produtos de orixe vexetal que presentan unha característica básica: as súas marxes terapéuticas son amplas. Inclúe produtos relativamente pouco potentes (por exemplo: capítulos de manzanilla, sumidade de espiño branco) ou de potencia intermedia (flor de árnica e a raíz de regaliz) e exclúe aqueles con unha marxe terapéutica estreita (por exemplo a folla de dixital e os seus principios activos, como a digoxina) Esta característica é fundamental posto que enmarca a fitoterapia como unha terapéutica suave, pouco agresiva e con unha baixa porcentaxe de efectos secundarios.

Cales son os usos da fitoterapia?

O seu principal campo de acción son as afeccións leves e moderadas, así como as enfermidades crónicas, sendo útil na terapia boa parte das afeccións tratadas habitualmente en atención primaria.

A fitoterapia utilízase tanto para o coidade da saúde e mellora de calidade de vida, como para prevención e tratamento das enfermidades.