Formación

Creando comunidade

Seguindo coa filosofía de crear comunidade e aprender dun xeito no que todos nos poidamos beneficiar e enriquecer, imos ir sacando talleres, cursos e formación de xeito regular; priorizamos deste xeito tamén saír da tónica xeral de individualismo cara o que estivemos avanzando como sociedade de forma alarmante.

Somos seres sociais e precisamos compartir e sumar coñecementos dunha forma en que a sabiduría da comunidade nos beneficie a todos.

Serán sempre temáticas relacionadas cos temas que tratamos no centro, aínda así, queremos darvos voz para que entre todos sumemos e poidades achegar as vosas propostas.

Periodicamente iranse publicitando os diferentes cursos e formacións e tamén anunciaremos as colaboracións de profesionais coas que contaremos. Manteremos actualizada a información e nun futuro esperamos poder ir subindo os cursos para poder adquirilos online tamén.